Unha metodoloxía eficaz e eficiente.
Un equipo multidisciplinar á túa disposición
A nosa Metodoloxía
O noso secreto baséase nunha metodoloxía eficaz e eficiente posta a proba durante anos de práctica profesional
Estimular
O noso secreto baséase nunha metodoloxía eficaz e eficiente posta a proba durante anos de práctica profesional
Atender
Nun primeiro contacto aténdense ás demandas das persoas ou familias que o soliciten, esa información axudaranos a elixir o perfil do profesional do equipo que mellor lle poida prestar unha atención especializada.
Escoitar
Escoita activa por parte dos profesionais do centro mediante unha entrevista individualizada na que se terá en conta a información do paciente, familia e outros ámbitos profesionais implicados (escola, neuroloxía, otorrinolaringólogo, psiquiatría…)
Observar
Observar é o máis importante neste proceso, xa que nos axudará principalmente a facer un plan de intervención individual e específico, ademais de orientarnos para descubrir/diagnosticar o que está a suceder.
Para iso utilizaremos as ferramentas estandarizadas máis adecuadas e actuais, ademais de probas non estandarizadas.
Descubrir
Unha vez concluída a observación /valoración é importante segundo as características de cada persoa facer un diagnóstico diferencial.
Descubriremos cales son as fortalezas e debilidades de cada persoa.
Diagnosticar permitiranos facer unha abordaxe de intervención máis eficaz
Informar
Informar á persoa, familia e outros profesionais relacionados sobre o diagnóstico e a forma de abordar cada unha das dificultades é clave.
Iso permitirá coñecer mellor as características de cada persoa e como actuar en cada un dos ámbitos.
Adestrar
Para cada persoa farase un plan de intervención individual. Encargarémonos de facer un adestramento de todas aquelas habilidades non adquiridas ou que se viron alteradas, ou mesmo perdido.
Asesorar
O asesoramento persoal, familiar e a profesionais permítenos actuar de forma conxunta e dar un maior soporte asistencial e integral.
Crear
Crear é a nosa filosofía. Creamos materiais personalizados, metodoloxías para chegar a todos os casos, novos proxectos para novas necesidades.
O noso equipo está sempre en continua formación para poder ofrecer unha intervención vangardista.
Adaptar
Axudamos aos nosos pacientes para comunicarse mediante sistemas aumentativos ou alternativos adaptados ás súas características, propoñemos cambios nas contornas naturais, adaptacións escolares para facer accesible as aprendizaxes a todos en igualdade de condicións.
Acompañar
Acompañar a todos os nosos pacientes e familiares durante todo o proceso de intervención e posteriormente mediante seguimentos periódicos que nos permitirán poder seguir ofrecendo un soporte para atender todas aquelas inquietudes ou dificultades que poidan darse ao longo dos anos, a pesar de recibir o alta.
O noso equipo
Un grupo interdisciplinar para ofrecerche o mellor servizo segundo as túas necesidades







